• ?
  • Rexistro

8º Certame de relato breve

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 8º Certame de relato breve.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS).
3. Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego.
4. A extensión máxima do relato é de 300 palabras. Non hai extensión mínima.
5. Os traballos, en formato odtdoc ou docx, deberán enviarse por correo electrónico ao enderezo edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais dos/das participantes.
6. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 31 de marzo de 2023 ás 23:59 horas.
7. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar, informático ou libros. Os relatos premiados serán publicados polo EDLG e os autores e autoras recibirán un exemplar impreso da publicación.
8. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
9. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer o día 13 de abril.
10. A participación no certame supón a aceptación destas bases.