• ?
  • Rexistro

Cualificación definitivas da proba libre da ESO (setembro 2022)

Nos seguintes arquivos figuran as cualificacións definitivas da Proba libre de ESO celebrada no IES San Clemente o pasado 2 de setembro do 2022:

Alumnado que se matriculou en marzo: cualificacións
Alumnado que se matriculou en xullo: cualificacións

Contra estas cualificacións, poderase interpor no prazo dun mes recurso de alzada ante o xefe ou xefa territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que esgotará a vía administrativa.

As persoas aspirantes con ámbitos superados poden recoller no centro a partir do mércores día 21 unha certificación coas cualificacións obtidas ou, no caso de ter os tres ámbitos superados, de proposta para a expedición do título.