• ?
  • Rexistro

Exames Bacharelato Distancia Maio

En relación aos exames de Bacharelato de materias de 2º BAC (Final Ordinaria: 10 e 12 de maio) e de 1º BAC (3ª Avaliación / Avaliación Final Adiantada: 9 e 11 de maio):

  •  Terán lugar de xeito presencial no IES San Clemente e nos centros EPA de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
  •  A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais será o día 18. As notas dos exames da 3ª avaliación de 1º de bacharelato publicaranse o día 19.
  • Durante a realización dos exames recoméndase o uso da máscara.
  • En aplicación da nova estratexia de control da SARS-COV-2, non será necesario a presentación de declaración responsable. Os casos confirmados da COVID-19 (aqueles que teñan unha proba diagnóstica realizada por un profesional sanitario) deberán seguir as indicacións do seu médico.

·

A xefatura de estudos