• ?
  • Rexistro

Exames bacharelato setembro 2021

Os exames finais extraordinarios do bacharelato a distancia do IES San Clemente, celebraranse de xeito presencial os días 1 e 2 de setembro.

  • Terán lugar no IES San Clemente e nas EPA de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado.
  • Para a asistencia ao exame será obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
  • Aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19, poderá solicitar a realización de exames por videochamada en data e hora a concretar polo profesorado responsable de cada ámbito. Esta solicitude deberá realizarse antes do mércores 1 mediante correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual, e será atendido únicamente naqueles casos que foron previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente e acompañen algún informe que acredite a súa situación (tal e como se indica no punto 7 do Plan de adaptación COVID-19 do centro, todas as comunicacións co equipo COVID levaranse a cabo por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501). Para poder facer estes exames, o alumno ou alumna deberá dispor dun ordenador con conexión a Internet e cámara web.
  • As cualificación publicaranse o luns 6 antes das 14h.

Os horarios dos exames serán os mesmos que durante o curso. Os do primeiro día terán lugar o mércores 1, e os do segundo día o xoves 2.

 

MÉRCORES 1
XOVES 2
9,30 a
10,45

Lingua castelá e literatura I

Historia de España

Lingua estranxeira I Inglés / Francés

Historia da arte
Bioloxía

11,00 a
12,15

Lingua galega e literatura I

Lingua castelá e literatura II

Matemáticas I
Matemáticas aplicadas ás CC.SS. I
Latín I
Fundamentos da arte I

Matemáticas II
Matemáticas aplicadas ás CC.SS. II
Latín II
Fundamentos da arte II

12,30 a
13,45
Bioloxía e xeoloxía
Literatura universal
Cultura científica
Lingua galega e literatura II
Física e química
Historia do mundo contemporáneoCiencias da Terra
Historia da música
2ª Lingua estranxeira II Francés / Portugués
Cultura audiovisual II
16,00 a
17,15

Filosofía

Debuxo técnico II
Grego II
Historia da filosofía

2ª Lingua estranxeira I Francés / Portugués
Debuxo técnico I
Grego I
Xeografía
Xeoloxía
Física

T.I.C. II
17,30 a
18,45
Relixión I
Economía
Lingua estranxeira II Inglés / Francés
Educación física
T.I.C. I
Cultura audiovisual I
Relixión II
Química
Economía da empresa

Deseño

O alumnado que teña coincidencia de dúas ou más materias á mesma hora, debe comunicar esta circunstancia no primeiro exame do día ao profesorado que examina.