• ?
  • Rexistro

Exames da ESA xuño 2021

Os exames correspondentes á avaliación final do segundo cuadrimestre da ESA serán o vindeiro venres 11 de xuño no horario habitual.

  • Terán lugar en A Coruña, Arzúa, Boiro, Camariñas, Dumbría, Lousame, Negreira, Rianxo, Santa Comba, Santiago de Compostela (IES San Clemente), Vigo (EPA Berbés) e Verín.
  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
  • O alumnado afectado por peches perimetrais pode descargar un certificado de mobilidade dende a dirección https://aulavirtual.iessanclemente.net/certificados.aspx.
  • Como en anteriores ocasións, é obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
  • Aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19, poderá solicitar adiar os seus exames ou a realización por videochamada en data e hora a concretar polo profesorado responsable de cada ámbito. Esta solicitude deberá realizarse antes do venres 11 mediante correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual, e será atendido únicamente naqueles casos que foron previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente e acompañen algún informe que acredite a súa situación (tal e como se indica no punto 7 do Plan de adaptación COVID-19 do centro, todas as comunicacións co equipo COVID levaranse a cabo por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501). Para poder facer estes exames, o alumno ou alumna deberá dispor dun ordenador con conexión a Internet e cámara web.

A xefatura de estudos