• ?
  • Rexistro

Exames bacharelato xuño 2021

En relación aos exames de bacharelato de materias de 1º (14 e 16 de xuño) e de 2º (15 e 17 de xuño):

  • Terán lugar de xeito presencial nos mesmos lugares nos que se fixeron os de avaliacións anteriores.
  • A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais será o día 21 para o alumnado de 1º de bacharelato, e o día 22 para a avaliación extraordinaria do alumnado de 2º de bacharelato
  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
  • Se nas datas do exame algún alumno ou alumna ten a súa mobilidade limitada por peche perimetral, será necesario que descargue e leve consigo o certificado de mobilidade que pode descargar dende a dirección https://aulavirtual.iessanclemente.net/certificados.aspx.
  • Como medida adicional, dada a situación epidemiolóxica que estamos sufrindo nestas datas, para a asistencia ao exame será obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
  • Aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19, poderá solicitar a realización de exames por videochamada en data e hora a concretar polo profesorado responsable de cada ámbito. Esta solicitude deberá realizarse antes do sábado 12 mediante correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual, e será atendido únicamente naqueles casos que foron previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente e acompañen algún informe que acredite a súa situación (tal e como se indica no punto 7 do Plan de adaptación COVID-19 do centro, todas as comunicacións co equipo COVID levaranse a cabo por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501). Para poder facer estes exames, o alumno ou alumna deberá dispor dun ordenador con conexión a Internet e cámara web.

A xefatura de estudos