• ?
  • Rexistro

Exames de bacharelato

En relación aos exames de bacharelato de materias de 2º (6 e 11 de maio) e de 1º (10 e 12 de maio):

  • Terán lugar de xeito presencial nos mesmos lugares nos que se fixeron os de avaliacións anteriores.
  • A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais será o día 18, e non o 19 como figura no calendario do curso. As notas dos exames da 3ª avaliación de 1º de bacharelato publicaranse na data prevista inicialmente, o día 24.
  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
  • Se nas datas do exame algún alumno ou alumna ten a súa mobilidade limitada por peche perimetral, será necesario que descargue e leve consigo o certificado de mobilidade que pode descargar dende a dirección https://aulavirtual.iessanclemente.net/certificados.aspx.
  • Como medida adicional, dada a situación epidemiolóxica que estamos sufrindo nestas datas, para a asistencia ao exame será obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
  • Nos exames finais soamente (non se aplica aos correspondentes á 3ª avaliación de 1º de bacharelato), aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19, poderá solicitar a realización de exames por videochamada en data e hora a concretar polo profesorado responsable de cada ámbito. Esta solicitude deberá realizarse antes do xoves 6 mediante correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual, e será atendido únicamente naqueles casos que foron previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente e acompañen algún informe que acredite a súa situación (tal e como se indica no punto 7 do Plan de adaptación COVID-19 do centro, todas as comunicacións co equipo COVID levaranse a cabo por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501). Para poder facer estes exames, o alumno ou alumna deberá dispor dun ordenador con conexión a Internet e cámara web.

A xefatura de estudos