• ?
  • Rexistro

1º Certame radiofónico – Mulleres na sombra

En colaboración coa EOI de Vilagarcía de Arousa, propoñemos unha actividade radiofónica. Trátase de gravar un audio, con voz feminina, falando da vida de unha científica galega para a participación na canle de radio “EXÓTICAS“.

BASES

1.- O obradoiro de igualdade do IES San Clemente convoca o 1º Certame radiofónico – “Mulleres na sombra”.

2.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS).

3.- Os arquivos que vaian ser enviados para publicación na radio deberán cumplir coas seguintes características:

  • formato mp3 e cun máximo de 300MB
  • bitrate superior a 16Kbps
  • máximo de 4 minutos de duración por audio.
  • NON debe levar música de fondo, xa que será incluída polo equipo de edición antes de ser publicado na canle.
  • falar claro, devagar, sen eco nin ruídos de fondo.
  • deberán ter tamén unha pequena despedida e peche da emisión

4.- Os audios deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando:

  • Título
  • Nome completo dos/das participantes.
  • Curso (para participantes que son alumnado)

5.- O prazo máximo de entrega dos traballos é o 15 de maio de 2021 ás 23:59 horas.

6.- Concederanse tres premios en cheques para libros ou material informático a elexir, valorados en:

  • 1º Premio: 60€
  • 2º Premio: 40€
  • 3º Premio: 30€

7.- Os traballos recepcionados serán publicados en: “EXÓTICAS“.

8.- Desde o Obradoiro de Igualdade nos poñeremos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios.

9.- O xurado estará composto polos/as integrantes do Obradoiro de Igualdade do IES San Clemente, podendo contar coa colaboración de outro persoal docente externo ó centro.

10.- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer unha vez rematado o prazo de entrega.

11.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.