• ?
  • Rexistro

Exames da ESA do venres 16 de abril

Os exames correspondentes á primeira avaliación do segundo cuadrimestre da ESA terán lugar o vindeiro venres 16 de abril no horario habitual.

  • Terán lugar en A Coruña, Arzúa, Boiro, Camariñas, Dumbría, Lousame, Negreira, Rianxo, Santa Comba, Santiago de Compostela (IES San Clemente), Vigo (EPA Berbés) e Verín.
  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
  • O alumnado afectado por peches perimetrais pode descargar un certificado de mobilidade dende a dirección https://aulavirtual.iessanclemente.net/certificados.aspx.
  • Como en anteriores ocasións, é obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.

A xefatura de estudos