• ?
  • Rexistro

11º Concurso Europeo de Marcapáxinas

B A S E S

1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2021 – Xela Arias, ademais de todo o alumnado do IES San Clemente.

2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada coa autora ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc, sobre a súa obra en galego. Evitar o uso de bandeiras, escudos e símbolos similares.

3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 6 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

4. Admitiranse un traballo como máximo por cada participante.

5. Cada marcador deberá ter dúas caras.

6. Medidas: 18×5 cm.

7. Os traballos deberán ser presentados en formato PNG, con resolución 300dpi.

8. Os traballos deberán enviarse a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.

9. O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso.

10. Haberá un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 75€ e un terceiro por valor de 50€, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.

11. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.