• ?
  • Rexistro

Roteiro de Rosalía de Castro

Para conmemorar o 24F, día de Rosalía de Castro, este ano 2021 propomos un certame para descubrir homenaxes na súa honra distribuídas xeograficamente por Galicia.

B A S E S

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca a actividade “Roteiro de Rosalía de Castro”.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS) de forma individual ou en grupo.
3. O certame consiste na realización de fotografías que deberán ser orixinais e inéditas, e que incluirán homenaxes a Rosalía de Castro que se atopan por toda a xeografía galega. Poderán ser rúas, colexios, monumentos, etc.
4. Os traballos, en formato png ou jpg, deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o lugar xeográfico onde se atopa e datos persoais dos/das participantes (nome, apelidos e ciclo/curso de matriculación).
6. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o luns 1 de marzo de 2021 ás 23:59 horas.
7. Entre todas as participacións recibidas faremos un sorteo e lle faremos entrega dun presente á persoa que resulte gañadora.
8. Con todos os traballos recibidos elaboraremos unha presentación do roteiro de Rosalía de Castro.
10. A participación no certame supón a aceptación destas bases.