• ?
  • Rexistro

6º Certame de micro vídeos

B A S E S

1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 6º Certame de micro vídeos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS) de forma individual ou en grupo.
3. Os vídeos deberán ser orixinais, inéditos e de temática libre.
4. Debe estar presente o galego oral ou escrito, en calquera das súas variantes. O audio, narración, textos e outros contidos empregados deben estar integramente en galego. No caso de utilizar música, debe ter licenza Creative Commons ou ter o permiso dos/das autores e mostrar o título/autoría/website na pantalla final.
5. Débese usar vídeo real en vez de secuencias de imaxes fixas, as gravacións deben ser propias e teñen que narrar un tema en galego pero evitando tratar sobre “Galicia”, a “lingua galega” e a “paisaxe galega”.
6. A duración máxima do vídeo é dun minuto e medio. Non hai duración mínima.
7. Os vídeos deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais dos/das participantes.
8. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 8 de marzo de 2021 ás 23:59 horas.
9. Os vídeos seleccionados serán publicados polo EDLG e os autores e autoras recibirán un certificado de participación e un pequeno presente.
10. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e do audiovisual e poderá incluír membros externos ao centro.
11. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer antes da Pascua.
12. A participación no certame supón a aceptación destas bases.