Rematado o período ordinario de matrícula, ábrese un período extraordinario (ata o 30 de abril de 2021) para a matriculación do alumnado cando concurra calquera das seguintes circunstancias:
- Cando se acredite un cambio na situación laboral.
 - En caso de enfermidade prolongada.
 - Por calquera outra circunstancia persoal.
 
O alumnado que desexe matricularse neste prazo extraordinario deberá solicitalo mediante escrito dirixido á dirección e presentalo no centro persoalmente, mediante fax (881867538) ou correo electrónico (ies.sanclemente@edu.xunta.es). O centro poñerase en contacto por medio do teléfono do solicitante.
Lembra que o período de matrícula nas ensinanzas a distancia da ESA:
| 
 ESA a distancia 
 | 
 1º cuadrimestre: 1 de setembro ao 15 de xaneiro do 2021 2º cuadrimestre: 1 de febreiro ao 14 de maio do 2021  | 
							
					
							
		
		
		
		
		
		
		
		



