• ?
  • Rexistro

Exames de setembro 2020 da ESA

A Circular 4/2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que regula as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, establece o carácter presencial das probas de avaliación que teñan lugar durante o curso.

Como consecuencia da situación sanitaria, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou unhas Instrucións con data de 27 de abril de 2020, indicando a necesidade de que os centros e o profesorado adapten o sistema de avaliación do alumnado e admítese a posibilidade de substituír as probas presenciais por probas telemáticas, e outras o xoves 28 de maio nas que condiciona a realización presencial ou telemática dos exames de setembro á situación sanitaria do momento.

Por tanto, en relación cos exames finais extraordinarios da ESA a distancia de setembro, adóptanse as seguintes medidas:

  • Os exames finais correspondentes á avaliación extraordinaria do 2º cuadrimestre da ESA terán lugar de forma presencial, no IES San Clemente o martes 8 de setembro no horario que se acompaña.
  • Estes exames poderán ser telemáticos ou presenciais, en función da situación sanitaria.
  • Nos primeiros días de setembro tomarase a decisión sobre a forma de realización.
  • No caso de desenvolverse de xeito telemático, a duración máxima das probas de cada ámbito será de 60 minutos. A franxa horaria na que se desenvolverán os exames de cada materia figura no calendario anexo. Non é posible mover de data ou de hora os exames. Para facelos será necesario empregar un ordenador con conexión a Internet. En caso de empregar un teléfono móbil ou unha tablet con conexión de datos, non se garantiza a ausencia de problemas. O IES San Clemente non se fai responsable dos posibles problemas que xurdan durante a realización dos exames por causas alleas ao centro. Durante o desenvolvemento da proba poderá solicitarse información ao alumno ou á alumna para verificar a súa identidade. O mércores 9 de setembro, entre as 16h e as 20h, o alumnado deberá estar dispoñible no seu teléfono móbil para comprobar a autoría do seu exame.
  • O alumnado deberá vir provisto de mascarilla e seguir as medidas hixiénicas e de seguridade que se indiquen.

Horario exames finais ESA setembro 2020

A dirección do IES San Clemente