• ?
  • Rexistro

Back to School: volta á escola dun antigo alumno

O  martes 2 de abril tivo lugar no IES San Clemente a charla «Back to School: volta á escola dun antigo alumno» impartida por D. Javier Calviño López, xefe de servizo (Head of departament) na Dirección Xeral de Innovación e Asistencia Tecnolóxica do Parlamento Europeo e ex-alumno do centro.

Ao acto asistiu o alumnado de primeiro curso dos ciclos formativos de réxime ordinario e tivo lugar no Salón de Actos ás 13h.

Esta charla está enmarcada dentro das actividades conmemorativas do Día de Europa que se celebra o 9 de maio nos países da Unión Europea en recordo da denominada Declaración Schuman que impulsou a primeira Comunidade Europea.

Carmen Viñas Álvarez e Javier Calviño López
Carmen Viñas Álvarez, directora do IES San Clemente, e Javier Calviño López.

Documentación da presentación: