• ?
  • Rexistro

A viaxe de MatematicARTE

A nosa exposición enREDada “MatematicARTE” tornouse itinerante e vai percorrer outros centros educativos.

Actualizaremos este artigo co nome dos centros e con novas fotografías na galería.

.

Actividades desenvolvidas polo departamento de Matemáticas do IES San Clemente.

1.- Actividade realizada nas clases de Xeometría na Facultade de Ciencias da Educación da USC, co material de MatematicARTE

Cada grupo de 3 alumnos e alumnas tiña un xogo de imaxes coa relación de datos que identifican cada unha das fotos e o motivo matemático. Despois duns minutos véndoas, entregóuselles a ficha dos lemas para intentaren identificar a que foto se correspondía cada un delas.

Algúns dos lemas adáptanse a dúas ou tres fotos, o que xera certa ambigüidade, certa dificultade.
Con todo, preferimos manter os lemas que autoras/es propuxeron e, asemade, tomar conciencia de que esas situacións son consubstanciais ás propias Matemáticas, e son tópicos que se estudan nos currículos de Primaria e Secundaria,

  • a descomposicion dun número en sumas ou en factores,
  • a raíz cadrada,
  • os sistemas compatibles indeterminados,
  • a descomposición por partes dunha función..

responden precisamente a esas situacións nas que é factible encontrar varios camiños, varias solucións.

.

2.- Actividade realizada no IES María Sarmiento de Viveiro
Coincidindo coa celebración do XXXII congreso da Asociación de ensinantes de Ciencias de Galicia, o sábado 23 de novembro houbo unha charla sobre Matematicarte, explicando como se xestara e desenvolvera, así como as novas posibilidades que estamos explorando (ver exemplo).
  • Para cada foto hai unha ficha e un lema.
  • Os lemas danse todos xuntos, desordenados.
  • As fichas e as fotos, tamaño pequeno, danse baralladas.
O xogo consiste en asociar foto con ficha (intencionadamente fácil, para que o alumnado se recree no que lee), e estes co lema (máis suxestivo e intrigante).
.

3.- Artigo do ano 2020/2021 sobre Isaac Díaz Pardo

Laboratorio de formas – Antom Labranha