• ?
  • Rexistro

Premios extraordinarios de FP de Grao Superior 2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convocou no DOG do 4 de marzo de 2019 os Premios Extraordinarios para os titulados en Formación Profesional de Grao Superior que remataron os estudos no curso 2018.

EN QUE CONSISTE O PREMIO:
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica (máximo 850 euros), recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de formación profesional poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional. Estes premios extraordinarios son compatibles con calquera outro premio.
  • Convócase un premio por familia profesional implantada en Galicia (23 premios en total).
REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
  • Ter cursado estudos de formación profesional de grao superior no curso 2017/18 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematados no ano 2018.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (4 de marzo 2019).
  • A solicitude está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa tramitación electrónica completa.
  • Opcionalmente poderase presentar nun rexistro xeral da Xunta de Galicia.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: