• ?
  • Rexistro

Probas de Nivel de Inglés decembro 2018

Welcome to English classPor cuarto ano consecutivo os membros do Equipo de Seccións Bilingües organizamos as Probas de Acreditación de Nivel de Inglés para o alumnado de Ciclos. As probas tiveron lugar o mércores 19 de decembro durante toda a mañá.

Coa participación do alumnado nas mesmas buscamos, en primeiro lugar,  que o alumnado tome conciencia do seu nivel de competencia nas distintas destrezas no idioma estranxeiro para traballar nos seus puntos débiles na aula e, en segundo lugar, para animalo a prepararse para os exames da Escola de Idiomas ou ben de Cambridge e acadar a Certificación no nivel correspondente.

O mércores 19 de decembro realizamos no centro as probas correspondentes aos tres niveis B1, B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL). Houbo un total de 33 alumnas e alumnos presentados. Agradecemos a participación do alumnado nas mesmas xa que logo viñan de remataren os duros exames da 1ª Avaliación.

Os resultados foron os seguintes:

  1. Na proba de B1: dos 20 apuntados, presentáronse 16, dos cales animamos a cinco a presentarse ás probas adicando máis tempo ao writing e ao speaking. Os demais precisan mellorar en xeral  en todas as destrezas para poder superar a proba.
  2. Na proba de B2: dos 11 presentados (24 apuntados), 6 aproban con facilidade con media de 6/7. Os 5 restantes precisan mellorar determinadas destrezas, en especial na redacción e na parte oral.
  3. Na proba de C1: dos 6 presentados (10 apuntados), 4 teñen moitas posibilidades de acadar a certificación. Aos outros dous animámolos a mellorar o speaking para acadar o certificado.

 

Desde aquí enviamos o noso parabén ao alumnado participante. Queremos animalos  a preparar ben a proba de certificación oficial á que decidan presentarse, na escola oficial de idiomas ou Cambridge.

 

Aquí tedes os links para mirar a información sobre a matrícula e o calendario de exames. Animádevos e acreditade o voso nivel de inglés xa!

 

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/matricula_libre

https://elcentrobritanico.es/ex%C3%A1menes-de-cambridge-certifica-tu-nivel