• ?
  • Rexistro

Seccións bilingües en portugués – Informe final 2017/2018

O módulo bilingüe SOR completa un ciclo de sete anos e finaliza para dar paso ao Ciclo Bilingüe en Português Sistemas Microinformáticos e Redes, cuxo módulo Aplicacións Ofimáticas será impartido en lingua estranxeira.

Durante o presente ano escolar, os módulos SOR do ciclo SMR e FH do ciclo ASIR foron impartidos utilizando a lingua portuguesa como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, etc.

Estes foron os puntos indicados nas memorias destas seccións bilingües:

Aspectos positivos:
Fixemos exames modelo do CAPLE-FLUL. 22 alumnos e alumnas pasaron o B1.
– 12 alumnos examináronse oficialmente do B1 no CAPLE. Aprobaron todos.
– SMR: 18 mobilidades para prácticas e 4 para estudos en Portugal. ASIR: 3 mobilidades para prácticas en Portugal.
– Practicamos a oralidade gravando pequenos audios para proxectos eTwinning complementares.

Propostas de mellora:
– Ter auxiliar de conversa.
– Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.
– Cubrir ausencias do profesor CLIL con docentes con algún nivel de Portugués, aínda que non sexa B2.
– Que a Consellaría pague as taxas dos exames oficiais de LE do alumnado.


Balance en números dos seis anos de seccións bilingües en portugués
– Alumnos iniciados en portugués grazas á sección bilingüe: 186.
– Alumnos que realizaron prácticas ou estudos en Portugal vía Erasmus+: 53.
– Alumnos que certificaron o seu nivel de Português: 61 (actualizado a 11.07.18).
– Sinerxías: alumnos que, non sendo de seccións bilingües, asistiron a clases de Português e realizaron prácticas en Portugal (19) e certificaron o seu nivel de Português (3).

Balance dos sete primeiros anos en folla de cálculo
Balance completo dos cinco primeiros anos
Resumo en formato presentación dos cinco primeiros anos
Previsión para o ano 2018/2019