• ?
  • Rexistro

Exames de Portugués – marzo 2018

CAPLENo pasado mes de marzo, o alumnado dos grupos integrados nas seccións bilingües de Portugués realizou unha proba como preparación para o exame do DEPLE (de nivel equivalente ao B1) organizado polo CAPLE, da Universidade de Lisboa, que boa parte del realizará no final do curso en Portugal (aqueles que leven a cabo neste país a FCT) ou na Universidade de Santiago; así como para o exame do nivel A2 da Escola Oficial de Idiomas.

A proba referiuse aos apartados de compresión e expresión oral e comprensión e expresión escrita e foi efectuada polo profesorado integrado nas seccións bilingües, coa colaboración dos profesores Antom Labranha e Alonso Beltrán.

No grupo de FH de ASIR presentáronse 6 alumnos e aprobaron a totalidade deles. No grupo de SOR de SMR aprobaron 16 de 18, o que representa un 89 %.

Damos os parabéns ao noso alumnado polos resultados obtidos e desexámoslle que nas probas oficiais manteña este excelente nivel.