• ?
  • Rexistro

Convocatoria de probas Celga 2018

A Consellería de Educación publica a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

REQUISITOS: 
Persoas nacionais ou estranxeiras que cumpran como mínimo 16 anos antes de que remate o 2018.
DATAS DAS PROBAS: 
  • Celga 4: 26 de maio de 2018.
  • Celga 2: 27 de maio de 2018.
  • Celga 3: 2 de xuño de 2018.
  • Celga 1: 3 de xuño de 2018.
(Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.)
SOLICITUDES E PRAZO: 

  • Un mes a contar a partir do 13 de marzo de 2018.
  • As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado segundo o modelo ED114A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
  • Ver instrucións na resolución.

TAXAS: O importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,93 euros.

CARACTERÍSTICAS DOS EXAMES: Ver resolución. 

MÁIS INFORMACIÓN: