• ?
  • Rexistro

Exames de Portugués – decembro 2017

CAPLENo pasado mes de decembro, o alumnado dos grupos integrados nas seccións bilingües de Portugués realizou unha proba modelo co obxectivo de comprobar cal é o seu nivel real de coñecemento da lingua e como preparación para o exame do B1 do CAPLE, da Universidade de Lisboa, que boa parte del realizará no final do curso. A proba referiuse aos apartados de compresión oral e comprensión escrita.

No grupo de FH de ASIR realizouse unha proba correspondente ao nivel A2. Presentáronse 16 alumnos e aprobaron a totalidade deles. No grupo de SOR de SMR realizouse unha proba do nivel B1. Aprobaron 16 estudantes sobre un total de 19, o que representa un 84,21 %.

Damos os parabéns ao noso alumnado polos excelentes resultados obtidos. No próximo mes de marzo realizaremos un segundo exame, no que se incluirán tamén os apartados de expresión oral e expresión escrita, para que o alumnado que o desexe poida presentarse aos exames oficiais de maio cunha óptima preparación.