• ?
  • Rexistro

Admisión nas Escolas Oficiais de Idiomas para o curso 2017/2018

A Consellería de Educación publicou a Circular 3/2017  coas normas para a preinscripción, admisión e matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas no vindeiro curso 2017-2018.

REQUISITOS: 
  • Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO.
  • Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na circular 3/2017.

Deberá facer PREINSCRICIÓN todo o alumnado de novo ingreso que:
  • Desexa cursar o 1º curso de nivel básico ou básico integrado dun idioma por primeira vez.
  • Accede por primeira vez á Escola de Idiomas.
  • Procede das probas de clasificación.
  • Ten acceso directo por titulación ou certificación académica.
  • Desexa incorporarse á ensinanza oficial tras superar as probas de certificación libres.
  • Procede de traslado de expediente.
  • Non estivo matriculado por oficial no curso 2016-17, pero foi alumno de cursos anteriores.
  • Estivo matriculado por oficial no curso 2016-17 con baixa, renuncia ou anulación de matrícula.
  • Todas as persoas que desexen acceder ao nivel C1, agás as que estivesen matriculadas neste nivel durante o curso 2016-17.


PROCEDIMENTO PARA A PREINSCRIPCIÓN E A MATRÍCULA: 

1º Preinscrición: on line a través da aplicación https://www.eoidigital.com/preinsxunta, dentro dos seguintes prazos.

  • Para acceder a 1º curso de nivel básico ou básico integrado: dende o 27 de xuño ata o 6 de xullo de 2017.
  • Para acceder aos demais cursos superiores a 1º básico: dende o 27 de xuño ata o 14 de setembro de 2017.
Para cada idioma poderase facer unha única preinscripción con catro preferencias priorizadas de  grupos, nun máximo de dous idiomas.

2º Reserva de praza: Unha vez adxudicada a praza, as persoas admitidas confirmarán a súa praza na mesma aplicación, imprimindo o impreso por duplicado e pagando as taxas correspondentes.

3º  Prazos de adxudicación de prazas:

  • Para solicitantes de 1º curso de nivel básico: 8 de xullo.
  • Para solicitantes dos demais cursos superiores a 1º básico: 16 de setembro.

4º Prazo xeral para a formalización da matrícula (Consultar o prazo específico de cada escola):