• ?
  • Rexistro

Inauguración da exposición “Dúas illas” na Arousa

O día 18 de xullo de 2016 ás 13:00, inauguramos a exposición “Dúas illas” no Auditorio da Illa de Arousa, dentro da segunda edición do festival O mar nunha flor.

Trátase dunha das trinta e seis exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o tema das illas de Arousa e Crhysí (historia, xeografía, natureza, turismo, etc), que traballamos no Plan Proxecta San Clemente Paisaxe e Sustentabilidade e no proxecto eTwinning Two Islands Inspire.

Esta exposición benéfica conta co patrocinio da UNESCO e do Concello da Illa de Arousa. Pódese visitar até finais de xullo no Auditorio da Illa de Arousa, de luns a venres, de 10:00 a 13:00.

Presentación
Terceira edición do catálogo en alta / baixa calidade
Galería virtual docentesalumnado
Artigo en La Voz de Galicia
Máis información