• ?
  • Rexistro

Arte e xustiza social

Este é o lema xeral das exposicións enREDadas 2016.

A nosa exposición Dúas illas, que vamos inaugurar o día 18 de maio ás 13:00, é unha das 36 exposicións simultáneas que se exhiben en varios países do mundo.

Os donativos dos asistentes serán destinados a estes dous proxectos:

  • Cáritas de Arousa-Santiago: Empresa de recollida, tratamento e revenda de roupa de segunda man que dá emprego a persoas en exclusión social.
  • Cruz Vermella de Ierápetra-Creta: Entrega de medicinas a persoas sen recursos.

 

Haberá dous petos na conserxaría do centro.

Quen quixer realizar un donativo maior a cambio dunha das imaxes da exposición, coa posibilidade de deducilo na declaración da renda, pode escribir a edlg@iessanclemente.net