• ?
  • Rexistro

FORO DA INNOVACIÓN NO EMPREGO

foco_2016-presentacion

O Foro da Innovación para o emprego 2016 ten como obxectivo contribuir á dinamización do mercado de emprego metropolitano, acadaremos este obxectivo a través da formación e a mellora das competencias e cualificacións dos participantes, da posta en común do escenario laboral actual na área metropolitana de Santiago e da orientación e a información facilitada polos servizos de emprego presentes e a xestión de postos de traballo.

Todo isto a través do enfoque da innovación. O FOROIE acollerá máis de 40 obradoiros e relatorios, sesións informativas, xornadas técnicas, un concurso de innovación e moito máis… o programa de actividades estará agrupado en oito bloques:

  • PRESENTA, CONVENCE, CONQUISTA. Preséntate a empresas e servizos de consultoría e selección. Convence grazas o traballo previo cos nosos asesores persoais en oratoria, imaxe persoal e selección. Conquista ao teu público e comeza a escribir o teu futuro.
  • SERVIZOS DE EMPREGO. Puntos de asesoramento dos servizos de emprego municipais. Infórmate dos recursos e programas desenvolvidos por 10 Concellos da área metropolitana de Santiago.
  • FALAMOS DE INNOVACIÓN NO ÁMBITO LOCAL. Xornadas Técnicas onde empresarios e funcionarios dos servizos públicos de emprego abordarán os principais retos, obstáculos e oportunidades que ten o mercado de traballo da área metropolitana de Santiago co obxectivo de reunir ideas para a innovación local e a creación de novas estratexias de emprego.
  • A TÚA MARCA DIXITAL. Obradoiros do personal brading online. Obtén recursos para mellorar a túa marca dixital e coñece as principais ferramentas para o teu posicionamento online e búsqueda de emprego.
  • FERRAMENTAS DE BÚSQUEDA 2.0. Achégate a novas formas de comunicar as túas fortalezas e contactar cos interlocutores de materia de empregabilidade. Aprende a utilizar estas novas canles e ferramentas de forma adecuada cos nosos obradoiros.
  • CONCURSO INDEA. Abrese a convocatoria do Concurso de ideas innovadoras para o emprego dotado de 2 premios de 10.000€ para a implementación dos proxectos gañadores. Os participantes no concurso farán a presentación no FOROIE.
  • FORMACIÓN. Dinámicas e actividades formativas multidisciplinares para a mellora do perfil profesional dos participantes e a búsqueda de emprego.
  • OFERTAS DE EMPREGO. No FOROIE realizaránse parte dos procesos de selección das ofertas de emprego xestionadas entre o 18 de maio e o 12 de xuño de 2016.