• ?
  • Rexistro

Inauguración da exposición “Dúas illas”

O día 18 de maio de 2016 ás 13:00, inauguramos a exposición “Dúas illas”, con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e máis de trinta alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión, IES da Illa de Arousa e 1º EPAL de Ierápetra.

Trátase dunha das trinta e seis exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o tema das illas de Arousa e Crhysí (historia, xeografía, natureza, turismo, etc), que estamos a traballar no Plan Proxecta San Clemente Paisaxe e Sustentabilidade e no proxecto eTwinning Two Islands Inspire.

Esta exposición benéfica conta co patrocinio da UNESCO e do Concello da Illa de Arousa. Pódese visitar até finais de xuño no IES San Clemente, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 23:00. Posteriormente, no auditorio da Illa de Arousa.

Presentación
Catálogo en alta (156 MB) / baixa (24 MB) calidade
Galería virtual docentes – alumnado
Artigo en La Voz de Galicia
Máis información