• ?
  • Rexistro

Cualificacións da proba libre de bacharelato

Na seguinte ligazón publícanse as cualificacións da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 22 de abril de 2016:

http://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/cualificacions_provisionais_proba_libre_bach_2016.zip

Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o vindeiro luns 9 de maio ata o mércores 11 de maio ás 13:00h segundo o seguinte modelo.

Estas reclamacións deben explicar o motivo da reclamación e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O venres 20 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.