• ?
  • Rexistro

Voluntario/a para impartir clases de informática

No Proxecto Home, necesitan un voluntario ou voluntaria para impartir clase de informática un día á semana.
Sería en horario de 19:00 a 20:30, luns, martes, mércores ou xoves.
O centro é o que está pola estrada de Santa Comba, onde viven os residentes do Proxecto.
 O perfil da persoa que imparta as clases de maneira voluntaria é o seguinte:
  • Ter cumpridos os 22 anos.
  • Debe cumprir as condicións para poder relacionarse coas persoas internas do proxecto, para o que terá que pasar unha entrevista.
A institución emitirá un certificado de docencia para o CV da persoa que imparta estas clases de informática.
Se tes interese, ponte en contacto coa orientadora do IES San Clemente: mjrodriguez@iessanclemente.net
.