• ?
  • Rexistro

Sección bilingüe en portugués SOR – Informe final 2014/2015

Durante o presente ano escolar, o módulo SOR do ciclo SMR foi impartido utilizando a lingua portuguesa como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, nos vídeos técnicos que gravaron, etc.

Estes foron os puntos indicados na memoria desta sección bilingüe:
Aspectos positivos:
– Fixemos exames modelo do Instituto Camões. O 100% pasou o nivel A2 e o 80% pasou o B1.
– 6 alumnos certificaron no Instituto Camões o seu nivel de portugués.
– 4 alumnos realizaron a FCT en Lisboa.
– Practicamos a oralidade realizando vídeos relacionados co módulo SOR.
– Participamos no proxecto eTwinning AtlânticoVET cun centro de FP de Faro, intercambiando posts en lingua estranxeira e creando vídeos, tamén en portugués.

Propostas de mellora:
– Permitir que a auxiliar de conversa poida repetir un ano e que teña acceso á formación da Consellaría de Educación.


Balance dos catro anos de sección bilingüe en portugués

No IES San Clemente impartimos unha sección bilingüe en portugués desde hai catro anos: Sistemas Operativos en Rede do ciclo medio Sistemas Microinformáticos e Redes.

Durante estes catro anos, os alumnos aprenderon con pouco esforzo (en comparación con outras linguas) un novo idioma que lles permitiu optar á posibilidade de realizar a FCT no estranxeiro. Moitos deles tamén certificaron o seu nivel de lingua no Instituto Camões.

Estes son os números:
– Alumnos iniciados en portugués grazas á sección bilingüe: 65
– Alumnos que realizaron a FCT en Lisboa: 12
– Alumnos con ofertas de traballo en Portugal: 3
– Alumnos que certificaron o seu nivel no Instituto Camões: 14

As clases de informática son impartidas en portugués, as interfaces do software utilizado están nesta lingua e os manuais que teñen que redactar os alumnos tamén. En todo momento son axudados e corrixidos polo profesor CLIL e pola auxiliar de conversa.

Participamos en proxectos eTwinning xunto con outros centros de FP de Portugal (Lisboa, Almada, Covilhã, Faro e Leiria) intercambiando posts e vídeos creados polos alumnos en LE, sobre temas variados (e tamén relacionados coas ensinanzas técnicas).

Realizamos vídeos en portugués relacionados co módulo profesional: Lista de reprodución pública

Ademais, o centro oferta desde hai un ano Portugués 2LE en 1º Bacharelato.

Previsión para o ano 2015/2016:
– Nova sección bilingüe en portugués: Fundamentos de Hardware do ciclo superior Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). As dúas seccións bilingües van sumar 45 alumnos.
– Cinco bolsas Erasmus+ KA102 para realizar a FCT en Portugal (xa concedidas).
– Catro bolsas MECD para o alumnado de ASIR realizaren a FCT en Portugal (pendentes de resolución).
– Módulo de Portugués Lingua Estranxeira no novo ciclo medio de Informática (sempre que a cota e a distribución de profesorado o permita) para mellorar a competencia nesta lingua, afianzar a sección bilingüe e fomentar a realización da FCT en Portugal.

A sección bilingüe do IES San Clemente na prensa:
  16.06.14 – Portal Galego da Lingua – No ano escolar 2014-2015 oferecerá-se português no bacharelato a distância
  25.05.14 – La Voz de Galicia – Tres institutos ofrecen portugués y se adelantan a la Ley Paz Andrade
  30.03.14 – El Correo Gallego – Galicia márcase como reto o achegamento ao portugués
  03.10.13 – La Voz de Galicia – De las mieles de una multinacional a la hiel del desempleo
  06.09.13 – Portal Galego da Língua – Entrevista en AGAL Hoje
  30.06.13 – La Voz de Galicia – A rede eTwinning e programas da UE abren a FP a varios países europeos
  30.01.13 – A. de Docentes de Português na Galiza – No IES S. Clemente já estudam e estagiam em Português
  18.12.12 – La Voz de Galicia – El IES San Clemente amplía al ciclo medio de FP las prácticas en el extranjero

Resumo en formato presentación:
 
.