• ?
  • Rexistro

V Concurso Europeo de Marcapáxinas

B A S E S

1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, ademais do alumnado do IES San Clemente.
2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada coa autora ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc, sobre a súa obra en galego.
3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 8 de maio ás 14 horas AMPLIADO: 11 de maio ás 14 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana seguinte á das “Letras Galegas”.
4. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
5. Cada marcador deberá ter dúas caras.
6. Medidas: 18×5 cm.
7. Os traballos deberán ser presentados en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
8. Os traballos deberán enviarse a edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais.
9. O IES San Clemente poderá realizar unha exposición con todos os traballos presentados a concurso.
10. Haberá un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 75€ e un terceiro por valor de 50€, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.
11. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.