• ?
  • Rexistro

Galicia comeza a aproveitar a “vantaxe histórica” da lusofonía

 

30.03.14 – El Correo Gallego – Galicia márcase como reto o achegamento ao portugués (Referencia ao IES San Clemente)

11.03.14 – Praza.com – Artigo completo de David Lombao no dixital Praza.com

531f03336992b-524441_478355422176973_1766758176_n

 

Fixeron falta máis de trinta anos e unha iniciativa lexislativa popular presentada baixo o nome de Valentín Paz Andrade para que a unanimidade do Parlamento de Galicia avale o que xa é rutina en autonomías sen máis ligazón histórica co mundo lusófono que a proximidade xeográfica a Portugal. De agora en diante o Goberno galego ten, aínda que cuns prazos notablemente laxos, a obriga legal de aproveitar a “vantaxe histórica” de compartir lingua e vencellos históricos cunha comunidade de máis de 250 millóns de persoas”.

“Este é o día en que Galiza en rompemos unha fenda histórica ou volvemos unir o que a historia separou”, sinalaba en maio de 2013 Xosé Carlos Morell ao iniciar a tramitación en pleno dunha ILP que, non obstante, foi matizada no trámite parlamentario, especialmente no que atinxe aos compromisos temporais. Así, por exemplo, a Xunta terá que incorporar “progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa no ámbito das competencias en linguas estranxeiras nos centros de ensino”, mentres que a comisión promotora propuña completar o proceso en catro anos.