IES San Clemente
  • entrar
  • ?
  • Rexistro

dinamización

novas

II Concurso Europeo de Marcapáxinas

B A S E S

1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2012 – Valentín Paz Andrade, ademais do alumnado do IES San Clemente.

2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada con Paz Andrade ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, algunha estrofa dun dos seus poemas, etc.

3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 15 de maio ás 14 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana seguinte á das "Letras Galegas".

4. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.

5. Cada marcador deberá ter dúas caras.

6. Medidas: 18×5 cm.

7. Os traballos poderán estar realizados en calquera tipo de material e poderán ser presentados en papel ou en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.

8. Se se presentan en papel, deben remitirse por correo ordinario ou poderán entregarse na conserxaría do instituto. No sobre deben figurar os datos persoais do concursante.

9. Tamén se poden presentar en formato dixital enviándoos a scedlg@gmail.com xunto cos datos persoais.

10. O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso.

11. Haberá un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 75€ e un terceiro por valor de 35€, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.

12. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

 

Edicións anteriores: