• ?
  • Rexistro

II Concurso de Banda Deseñada "IES San Clemente"

II CONCURSO DE BANDA DESEÑADA “IES SAN CLEMENTE”

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente (scedlg@gmail.com), sensíbel á significación que está a ter a creación de cómic na cultura galega, convoca o II Concurso de Banda Deseñada IES San Clemente, de acordo coas seguintes:

B A S E S

Primeira.-

Poderá participar todo o alumnado do Centro.

As obras presentadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dous autores (un como guionista e outro como debuxante).

Segunda.-

Establécese un primeiro premio por valor de 100 € e un segundo por valor de 75 €, ambos en material escolar e informático. Non se poderán declarar desertos.

Terceira.-

A temática da obra será libre, podendo tratarse dunha historia única ou dun conxunto de historias.

Constará de 4 páxinas tamaño DIN-A4.

De elaborarse en soporte dixital, recoméndase usar unha resolución de 300 ppp.

Cuarta.-

O prazo de admisión finaliza o 29 de abril ás 12 horas. Debe remitirse por correo ordinario ou poderá entregarse na conserxaría do instituto.

Cada obra será presentada baixo o sistema de plica: será entregada achegada dun sobre aparte, en cuxo exterior constará o seu título, incluíndo no seu interior unha folla cos datos persoais do autor ou autores: nome e apelidos, DNI, teléfono de contacto e correo electrónico. Ademais deberá incluírse unha declaración expresa por medio da que se certificará que a obra é orixinal e inédita.

Quinta.-

O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e algunha persoa do eido da banda deseñada, incluíndo membros externos ao Centro. A súa decisión terá lugar no mes de maio do ano 2011.

Sexta.-

A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

Descargar en formato PDF