• ?
  • Rexistro

Calendario de eleccións ao Consello Escolar

Constituída a Xunta Electoral baixo a presidencia da Directora Dna. Carmen Viñas Alvarez, integrada por Dna. María Fernández Esteller en representación do profesorado e Don Elisardo Antelo Vilas en representación do persoal non docente, e sen presenza dos representantes dos pais e nais, e do alumnado (QUE XUSTIFICARON A SÚA AUSENCIA), acordouse abrir o proceso electoral de acordo co calendario seguinte:

DIAS 5 a 14 DE NOVEMBRO, ambos incluídos, presentación de candidaturas: profesorado, alumnado, pais/nais mediante instancia que estará a disposición na secretaría do Centro en horario de 9:00 a 14:00 horas, nas datas indicadas.

DIA 17 DE NOVEMBRO: Claustro para a lectura de normas.

DIAS 18 a 21 DE NOVEMBRO: Campaña electoral.

DIA 24 DE NOVEMBRO: Claustro extraordinario para elección de representantes do profesorado; ELECCIONS de representantes pais/nais, alumnado e persoal non docente.

DIA 26 DE NOVEMBRO: Proclamación de membros electos do CONSELLO ESCOLAR e comunicación ao Sr. Delegado Provincial.

Santiago de Compostela, 3 de Novembro de 2008