• ?
  • Rexistro

eTwinning Camp en Croacia

Do 25 ao 27 de abril celebrouse en Tuhelj (Croacia) o eTwinning Camp 2013, con presenza dos alumnos do IES San Clemente: Jose Luis Rego, Daniel Vieites e Alfonso Padín, membros do proxecto Pek, the Traveller Flea 3, que recentemente gañou o primeiro premio europeo na categoría 16 a 19 anos.

Durante tres días os membros deste e doutro proxecto galardoado, participaron en obradoiros relacionados coas TIC e en actividades de lecer. Tamén visitaron a capital, Zagreb.