Grupo de traballo 2009-2010 “Normalización Lingüística e ensinanza telemática”
O grupo de traballo “Normalización Lingüística e ensinanza telemática” naceu da inquedanza dos membros do departamento de galego e da comunicación diaria co noso alumnado a través da Aula Virtual. Detectamos así, a falta de uso normalizado do galego estándar. Polo que, decidimos facer un grupo de traballo para poder dotar ao noso alumnado de material suficiente para que dominen a norma estándar.
Coord: Mª José García Merino
Compoñentes: Sira Vidal Laxe, Mª Jesús Lorenzo García, J. Luís González Ucha, Josefina Taboada Adán, Mercedes González González e Emiliano Gómez Vázquez
Obxectivos
- Corrixir as deficiencias do alumnado en lingua galega a través dos medios telemáticos.
 - Actualizar os coñecementos informáticos do grupo de traballo.
 - Elaborar materiais didácticos de carácter interdisciplinar en soporte dixital sobre a normalización lingüística.
 - Avaliar o traballo realizado sobre a normalización lingüística na Aula Virtual do alumnado.
 - Avaliar a utilización do galego na práctica docente diaria.
 - Elaborar propostas didácticas que faciliten a práctica docente.
 - Elaborar unha enquisa sociolingüística (telemática) do noso alumnado e profesorado.
 
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
Bibliografía galega
- Informática
 - Cultura e humanidades
 - Ciencia e tecnoloxía
 - Ciencias sociais
 - Normalización Lingüística
 - Dicionarios en galego
 - Dicionarios doutras linguas
 - Tradutores e correctores
 - Xogos, videoxogos e entretementos varios
 
Concursos
Filmografía e fonografía
Antropónimos e topónimos
A cultura popular
							
					
							
		
		
		
		
		
		
		
		



