O día 13 de maio de 2015 ás 12:00, inauguramos a exposición "doARTE", con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e vintecatro alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión.
Trátase dunha das vintecinco exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o...
Curtametraxe: O paso previo
Curtametraxe realizada por alumnado e profesorado de 2ºSMR, co apoio do EDLG, no marco do Plan Proxecta San Clemente Salvavidas. Finalista no IV concurso de curtametraxes do SERGAS.
XXVIII Concurso Literario
B A S E S
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o XXVIII Concurso Literario.
2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar...
Accións a prol da doazón de órganos
Neste artigo facemos eco das distintas accións para a concienciación dos cidadáns e cidadás no tema da doazón de órganos.
En primeiro lugar, presentamos a Pontevedrada, unha marcha nocturna polo Camiño Portugués, que parte de Pontevedra no 25 de abril de 2015 (último sábado de abril de cada ano) e...
O galego é unha oportunidade
José Ramom Pichel e Valentim Fagim, autores do libro "O galego é uma oportunidade", trouxeron ao IES San Clemente un relatorio moi interesante sobre o uso internacional do galego.
Falaron da vantaxe que temos os e as naturais de Galiza por sabermos dúas linguas maioritarias a nivel mundial, que nos...
V Concurso Europeo de Marcapáxinas
B A S E S
1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, ademais do alumnado do IES San Clemente.
2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada coa autora ou a súa obra e tamén...
Memorando para o entendemento
Facemos eco do "memorando para o entendemento" asinado entre o presidente da Xunta de Galicia e o presidente da República Portuguesa para consolidar o ensino do portugués nas escolas galegas, dentro do marco da lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.
Consellaría de Educación
[icon...
Bases da exposición doARTE
O EDLG do IES San Clemente publica as bases da exposición colectiva doARTE, na que poden participar docentes de todo o mundo.
Tema: doazón e transplante de órganos.
Máis información:
Proxecto Exposicións enREDadas
Plan Proxecta Salvavidas
Concurso: Lingua de namorar
Lingua de namorar 2015
Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.
Bases
Doazón de órganos: Solicita o teu carné!
Tal e como nos explicou a doutora Eva Sanmartín, é moi importante manifestar en vida o noso desexo de doar os órganos para, chegado o momento, axudar aos nosos familiares a tomar esa decisión.
Por iso convidámosvos a solicitar o carné de doador. Este documento non obriga a nada, nin...
Enlaces Rápidos




