• ?
  • Rexistro

Inauguración da exposición “doARTE”

O día 13 de maio de 2015 ás 12:00, inauguramos a exposición “doARTE”, con obras de catorce docentes-artistas de diferentes lugares e vintecatro alumnos e alumnas do CEIP de Sestelo-Baión.

Trátase dunha das vintecinco exposicións enREDadas que se realizan simultaneamente en varias cidades do mundo. No noso caso, tratamos o tema da doazón e transplante de órganos, que estamos a traballar no Plan Proxecta San Clemente Salvavidas.

A exposición conta co patrocinio da UNESCO e da Oficina de Coordinación de Transplantes do SERGAS. Pódese visitar até finais de xuño, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 23:00.

Presentación
Catálogo en alta (135MB) / baixa (41MB) calidade
Galería virtual docentes –  alumnado
Artigo en La Voz de Galicia
Máis información