• ?
  • Rexistro

Publicación cualificacións provisionais da Proba Libre de Bacharelato

Na seguinte ligazón pódense descargar as cualificacións provisionais da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 28 de abril de 2023: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39839 Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente dende o xoves 11 ata o...

Día de Europa 2023

Día de Europa 2023
O alumnado dos ciclos PluriFP SMR e ASIR (ambos en portugués) celebraron o Día de Europa & eTwinning Day visitando Viana do Castelo e realizando unha videoconferencia cun centro socio de Sintra no contexto do proxecto SOLE.

Actividade de 1ASIR en Viana – 2023

Actividade de 1ASIR en Viana – 2023
O alumnado e profesorado do ciclo PluriFP ASIR,  desprazáronse a Viana do Castelo para coñecer a cidade, visitar a basílica e a Citânia de Santa Luzia e percorrer durante dúas horas o interior do navío Gil Eannes acompañados por un guía que explicou en portugués cales eran as funcións...

Xornadas de Empregabilidade 2022-2023

Os días 21, 24 e 26 de abril tiveron lugar as Xornadas de Empregabilidade, organizadas polo departamento de Formación e Orientación Laboral e dirixidas a todo o alumnado de FOL do centro. Contouse coa participación das seguintes relatoras: Verónica Rodríguez Ruzo, asesora de Promove Consulting. Impartiu unha serie de obradoiros participativos...

Reclamacións 2º Bacharelato maio 2023

A Circular 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da ORDE do 2 de marzo de 2021, establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato, segundo o establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio...

Recta final do programa de FP Dual

Recta final do programa de FP Dual
O alumnado de Desenvolvemento de Aplicacións Web en modalidade dual, está a comezar o seu último período do curso xunto coa empresa SoftwareOne. Neste tempo participará no desenvolvemento dunha plataforma de aprendizaxe online para a ONG One Welfare, adicada ao benestar animal e humano, e da súa contorna física...

NOVO Ciclo Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web

NOVO Ciclo Dual de Desenvolvemento de Aplicacións Web
O IES San Clemente comezará no curso 2023/2024 un novo ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) en modalidade Dual, en colaboración coas empresas: Inforhouse S.L. Ozona Tecnologías de la Información S.L. Balidea Consulting & Programming S.L. Altia Consultores S.A. Codebit Systems S.L. Nática Sistemas de Información S.L. Prazo de...

Convocadas as probas de acceso a ensinanzas artísticas para o curso 2023/2024

Foron convocadas probas de acceso a ensinanzas artísticas para o curso 2023/2024. Acompáñanse ligazóns ás distintas instrucións: Ensinanzas artísticas superiores de Música. Ensinanzas artísticas superiores de Arte dramática. Ensinanzas artísticas superiores de Deseño. Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e restauración de bens culturais.

Clube Maio 2023

Clube Maio 2023
Clica aquí para accederes ao boletín mensual