No día 7 de marzo de 2025 tivemos o relatorio do policía local Martín Camba sobre os perigos do ocio nocturno, con moitos exemplos e consellos para desfrutarmos en seguranza.
Visita á empresa Inforhouse
O pasado xoves 27 de febreiro realizamos unha visita á empresa Inforhouse, referente no sector da consultoría informática galega.
Durante a mesma, a xefa de RRHH Cristina Nogueira, falounos sobre a historia da empresa e a súa traxectoria empresarial, os perfís laborais que necesitan incorporar, as posibilidades de desenvolvemento profesional...
O IES San Clemente no xornal Público.PT – 2025
Artigo do xornal nacional Público.PT sobre os ciclos plurilingües en portugués do IES San Clemente.
No especial de 02/03/2025, o xornalista José Miguel Sardo publicou a entrevista que fixo no noso centro sobre a aprendizaxe de portugués nos ciclos SMR e ASIR desde o ano 2011, coa participación en proxectos...
Un “caldo de gloria” por Rosalía de Castro
A comunidade educativa do IES San Clemente festexou o Día de Rosalía cunha exposición de obras sobre a escritora con materiais de recente adquisición da biblioteca, a difusión do poema "Miña casiña, meu lar" e cunha celebrada degustación do "caldo de gloria" na pasada sexta feira. A actividade, organizada...
Horario de apertura no entroido 2025
O horario de apertura do centro durante o entroido, os días 3, 4 e 5 de febreiro, será de 10h a 13h.
As actividades lectivas reanudaranse o xoves día 6.
Sorteo 11 Febreiro. Recomendacións literarias sobre muller e ciencia
Xa temos gañadoras e gañadores dos tres bonos regalo de 30€ tras o sorteo realizado entre todas as vosas recomendacións literarias, para conmemorar o 11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia:
Sara Montero Moure de 2º DAW Ordinario.
Julio Aller Acuña de 2º DAM...
Acreditación da competencia dixital do alumnado que cursa 2º de bacharelato no curso 2024-2025
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon en marcha un procedemento para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024-2025.
O alumnado que obteña no curso 2024-2025 o título de bacharelato no...
Exames convocatoria extraordinaria da ESA (1º Cuadrimestre)
Os exames correspondentes á proba extraordinaria do 1º Cuadrimestre da ESA terán lugar o día 28 de febreiro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago de Compostela e nos obradoiros de Arzúa (Recinto Feiral Terra do Queixo), Boiro (Centro Social de Abanqueiro, Aldea Abanqueiro, 69), Santa Comba (Multiúsos Terra de Xallas) e A Mezquita (Multiúsos, carretera...
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2025
Publicada a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Tedes toda a información...
11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Biblioteca do IES San Clemente seleccionou libros do seu catálogo que poñen en valor o traballo de mulleres científicas.
Ao longo de toda a semana podes desfrutar desta selección no hall de entrada ao...
Enlaces Rápidos




