• ?
  • Rexistro

Axudas FCT

Publicada a Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 28 de abril de 2016. - Ver a Orde do 31 de decembro de 2016 - Máis...

Probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos

Aquí pódese atopar información sobre as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos para a convocatoria 2017. Acceso maiores de 25 anos á Universidade Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/oiu/acce.html

Convocatoria para o proceso de acreditación de competencias profesionais 2017.

Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. Ligazón:

Campaña do Concello de Compostela en Negro

Deixovos o enlace da páxina da "Campaña en Negro" do Concello de Compostela. Premede no mesmo e veredes toda reportaxe , entre outras actividades. Conforme estou a escribir isto.....hai outra asasinada....insoportable lacra a da nosa sociedade....enferma.... Guillermina D.T.     http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/actividades/campana-en-negro-contra-a-violencia

Vacacións de Nadal

  Nestas festas, os días 23, 26 e 30 de decembro e o día 5 de xaneiro a oficina do IES San Clemente permanecerá pechada. O resto dos días a secretaría do centro estará aberta en horario de 09:00 a 13:00 horas.  

Obradoiro “Deseña o teu futuro: ATRÉVETE”

O vindeiro venres 21 de outubro,de 10:00h a 14:00h a Cámara de Comercio de Santiago organiza un OBRADOIRO GRATUÍTO destinado a persoas mozas menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil ou que cumpran os requisitos para facelo. Dado que o número de prazas é limitado, se estás interesado/a en...

Revisión dos exames de setembro da ESA

As notas da avaliación extraordinaria do 2º cuadrimestre da ESA publicaranse o martes 13 a partires das 14,00h. A revisión poderá facerse no IES San Clemente no seguinte horario: Mércores 14, de 10,00h a 13,00h Xoves 15, de 11,00h a 12,30h  

Listaxe provisional admitidos na proba libre da ESA, convocatoria Setembro 2016

Hoxe publícase a listaxe provisional de admitidos para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, incluíndo os ámbitos validados. Contra esta listaxe poderase presentar unha reclamación ata o día 22 de Xullo as 14:00 horas mediante instancia dirixida o Presidente do tribunal. Listaxe...

Horario en xullo e agosto

O IES San Clemente permanecerá aberto durante os meses de xullo e agosto co seguinte horario: Xullo, de 9,00h a 14,00h. Agosto, de 9,00 a 13,00h.