FORO DA INNOVACIÓN NO EMPREGO

FORO DA INNOVACIÓN NO EMPREGO
O Foro da Innovación para o emprego 2016 ten como obxectivo contribuir á dinamización do mercado de emprego metropolitano, acadaremos este obxectivo a través da formación e a mellora das competencias e cualificacións dos participantes, da posta en común do escenario laboral actual na área metropolitana de Santiago e...

PROTECCIÓN DE DATOS NO SECTOR TECNOLÓXICO

Hoxe ás 12:05 horas no Salón de Actos, terá lugar unha charla sobre a protección de datos no sector tecnolóxico impartida polo avogado José Nogueira, de Sistemius Avogados.  

INFORMACIÓN SOBRE EMPREGO E EDUCACIÓN. BOLSAS E AXUDAS

A Guía Ti Elixes! 2016 consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos por entidades públicas e privadas. https://drive.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbTzVsaVBCdEt0b3M/view

SELECTIVIDADE 2016

  O alumnado interesado en presentarse á Selectividade 2016, en xuño, terá que vir ao centro IES San Clemente de Santiago, o día 30 de maio a realizar a matrícula. Os exames terán lugar os días 8,9 e 10 de xuño. En breve poremos máis información ao respecto.        

FEIRA INTERNACIONAL DO ESTUDO DE POSTGRAO

A inscrición é online na páxina abaixo sinalada. Terá lugar en Santiago de Compostela o día 25 de abril, no Convento de San Francisco. Totalmente gratuita Máis información:   http://www.fiep.es/alumno

Guía de Orientación Educativa para o alumnado de Educación de Adultos

Estimado/a  alumno/a: Sabemos que, como estudante que es, estás nun momento de moitas  dúbidas, no que  che fai falla toda a  información, para poder tomar as decisións que van afectar ao teu futuro. Este documento pretende ser unha ferramenta que che axude a reflexionar e aclarar todas as cuestións sobre os...