Xa está aberto o prazo de inscrición para a X Edición do programa Xuventude Mentoring, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coas tres universidades galegas.
Xuventude Mentoring ofrece a mozos e mozas galegos/as a oportunidade de recibir acompañamento profesional personalizado por parte de persoas mentoras con ampla traxectoria, co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e o desenvolvemento das súas competencias.
Que ofrece o programa
- Mentoría individualizada con profesionais de distintos ámbitos.
- Sesións formativas e de orientación laboral.
- Actividades de networking e desenvolvemento persoal.
A quen vai dirixido
- Mozos/as de 18 a 30 anos, titulados/as universitarios/as ou de FP superior.
- Empadroados/as en Galicia e en situación de busca de emprego ou mellora profesional.
Prazo de inscrición aberto ata o 2 de novembro de 2026
As persoas interesadas poden cubrir o formulario dispoñible en:




