O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) oferta unha praza de Técnico/a de Sistemas.
Requisitos:
Ciclo Superior en administración de sistemas informáticos en rede ou Grao en Informática, ou titulacións equivalentes de plans anteriores.
- Experiencia: Non se require
- Idiomas: A2* de inglés
Funcións:
- Soporte técnico dos superordenadores, servidores de cálculo e sistemas de almacenamento.
- Control de acceso a Salas de HPC.
- Seguemento e control de avarías e intervencións de mantemento de equipos.
- Soporte a aplicacións.
- Soporte técnico a usuarios e asesoramento.
- Formación a usuarios.
- Adecuación e mantemento das aplicacións de soporte do departamento (rexistro de incidencias, xestión de usuarios, etc…).
- Participación en proxectos de I+D+I.
- Asistencia a cursos, seminarios, congresos e proxectos a nivel estatal e internacional.




