CONSMAGA GESTIÓN S.L – Técnico/a de Sistemas e Innovación Tecnolóxica

Imaxínaste sendo a persoa que impulsa a transformación dixital dunha empresa dende dentro? Non é “outro posto de soporte técnico”. É formar parte activa de proxectos de Intelixencia Artificial, automatización e ciberseguridade, con voz propia nas decisións tecnolóxicas.

Se tes curiosidade tecnolóxica, ganas de aprender constantemente e te motiva asumir responsabilidades reais, segue lendo.

As túas funcións

  • Participar en proxectos de implantación de solucións de Intelixencia Artificial.
  • Administrar e manter a infraestrutura informática da empresa (equipos, incidencias, soporte).
  • Ser a persoa referente da área de sistemas.
  • Colaborar na implantación do Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
  • Deseñar automatizacións de procesos internos.
  • Propoñer melloras tecnolóxicas con impacto real no negocio.

O que buscamos

  • Interese xenuíno pola IA, a automatización e as novas tecnoloxías.
  • Autonomía, capacidade de aprendizaxe e resolución de problemas.
  • Actitude proactiva e ganas de asumir responsabilidades.

Non pedimos anos acumulados de experiencia. Pedimos actitude de aprendizaxe continuo e paixón pola innovación.

O que ofrecemos

  • Un rol con impacto real, non tarefas illadas.
  • Proxectos punteiros en IA, ciberseguridade e automatización dende o primeiro día.
  • Autonomía para propoñer e crecer coa empresa.

Veste aquí?

Inscríbete e cóntanos que te apaixona da tecnoloxía. Queremos saber quen es, non só que sabes facer. rrhh@consmaga.com