En Minsait buscan:
Operador de Help-Desk 24×7 (CAU), onde se realizan turnos de luns a domingo, noites e fins de semana. Nun horario de 24*7 e 22 días de vacacións, polo que se requiren persoas con dispoñibilidade horaria e dispostos a traballar noites e festivos.
Titulación mínima requerida: técnico medio ou superior de formación profesional da familia profesional de Informática e comunicacións.
Experiencia: Non é imprescindible experiencia, pero valorarase aquela relacionada coa atención a usuarios. Si se require unha actitude cordial e positiva ademais de ser un bo comunicador/a.
Idiomas: Debe falar segundo o idioma no que se comunique o usuario, galego ou castelán, e escribir todos os rexistros en galego.
Contacto: Interesados enviar email a: sconde@minsait.com




