Oferta empresa AITIRE – Bolsa Desenvolvedor/a Backend Python (Integración API Odoo)

A empresa AITIRE S.L. busca incorporar unha persoa en bolsa FEUGA para o seu equipo de Desenvolvemento.

Para inscribirse na oferta usarase a seguinte ligazón na web de FEUGA.

Detalles da oferta

Que buscamos

Buscamos unha persoa en bolsa para acompañar o desenvolvemento dunha adaptación dun middleware escrito en Python, que conecta un ERP propio con Odoo, para a súa migración a unha nova versión de Odoo.

O traballo desenvolverase no marco dun proxecto para un cliente externo.

O foco do rol é:

  • Desenvolvemento backend en Python.
  • Consumo da API de Odoo.
  • Non se realiza desenvolvemento dentro de Odoo (só integración vía API).

Responsabilidades

  • Aprender o funcionamento do sistema actual, incluíndo a montaxe dunha maqueta.
  • Verificar o funcionamento do novo código e solucionar posibles erros.
  • Propoñer melloras e implementalas.
  • Colaborar estreitamente co equipo de Desenvolvemento e o cliente.

Requisitos imprescindibles

  • Python
  • Git
  • HTML/JS
  • SQL

Valorarase

  • Linux
  • Experiencia con API de Odoo
  • PHP

Competencias persoais

  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Comunicación.
  • Traballo en equipo.
  • Proactividade.

Condicións

  • Tipo: Bolsa (FEUGA).
  • Remuneración: 1.000 EUR brutos/mes.
  • Duración: 9 meses.
  • Xornada: 40h/semana.
  • Modalidade: Híbrida (a convir).
  • Ubicación presencial: Vigo.
  • Horario de referencia: 09:00-18:00 (1h para comer).
  • Incorporación: Inmediata.
  • Xornada e condicións: Suxeitas ao convenio de bolsa e á normativa aplicable.

Que ofrecemos

  • Formación e aprendizaxe real en proxecto.
  • Flexibilidade horaria.
  • Contorna colaborativa e próxima, con estrutura horizontal (sen xerarquías ríxidas).
  • Posibilidade de incorporación ao finalizar a bolsa FEUGA.
  • Oportunidade de continuidade no mesmo proxecto xunto ao cliente final.

Proceso de selección

  1. Revisión de CV.

  2. Entrevista de 30 minutos.

  3. Resposta nun máximo de 5 días.

Sobre AITIRE S.L.

  • En AITIRE S.L. somos unha PEME tecnolóxica especializada en sistemas, programación e solucións cloud. Traballamos cunha cultura baseada na innovación, a aprendizaxe continua e o traballo en equipo.
  • Máis info: LinkedIn AITIRE

Igualdade de oportunidades

  • En AITIRE S.L. valoramos a diversidade e garantimos a igualdade de oportunidades en todos os nosos procesos de selección.

Como inscribirse na oferta

  • Inscrición e xestión de candidatura a través de FEUGA.
  • Para dúbidas adicionais, contactar en: rrhh@aitire.es e incluír CV e dispoñibilidade.