Posto en Telefónica para administrador@s de sistemas en rede

O departamento de Talento e desenvolvemento de Telefónica Servizos Audiovisuais informa dunha vacante en Santiago de Compostela.

Área da vacante:
Integración de sistemas de produción dixital e vídeo IP en entornos Broadcast de Televisión e Radio.

Principais funcións do posto:

  • Prestar o servizo de soporte para sistemas de produción dixital.
  • Participar na resolución de incidencias como segundo nivel de soporte.
  • Recopilación de datos e logs no caso de ter que intervir no seguinte nivel.
  • Instalación de parches, actualizacións e tarefas de mantemento preventivo e correctivo dos sistemas de produción.

Para máis información fai clic na ligazón.