Galicia Moza con Alma – Prácticas de verán 2026

O programa Galicia Moza con ALMA da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está dirixido ás persoas mozas máis desfavorecidas que teñen dificultades para acceder ao traballo ou á formación por diversos motivos, tanto individuais como estruturais.

O obxectivo deste programa é outorgar ferramentas ás persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) para que se integren na sociedade, accedendo a un emprego ou a unha formación.


A ETL Don Bosco a través do programa Galicia Moza con Alma ofrece ás persoas mozas:

  • unha formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego
  • prácticas formativas non laborais de 4 meses de duración (de xuño a outubro de 2026) en Amarante, Portugal
  • asignación mensual duns 500 euros.